Renovada a colaboración da Deputación e Concello de Viveiro para seguir impulsando o Belén xigante

AMariñaXa
Segue a bo ritmo a instalación do belén Viveiro ante o berce, organizado polo Concello de Viveiro e co cofinanciamento da Deputación
viveiro ante o berce nadal belena
22 Dec 2023

A Xunta de Goberno aprobou renovar a colaboración da Deputación co Concello de Viveiro por importe de 40.000 euros para seguir impulsando o Belén xigante Viveiro ante o Berce. 

“Con esta axuda contribuímos a que este Belén cada ano sexa diferente, e que poida introducir melloras para que continúe sendo un dos grandes reclamos da nosa provincia no Nadal”, subliñou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen incidiu en que o Belén xigante de Viveiro “é un recurso que atrae a milleiros de persoas e que, polo tanto, ten un importante retorno económico para o municipio e para a súa contorna, sobre todo no sector da hostalería e do comercio”. 

A tamén Deputada de Promoción Económica e Turismo lembrou que, precisamente, “a política da Deputación no eido turístico vai nese camiño de traballar no territorio, da man dos concellos, neste caso co de Viveiro, para que os visitantes cheguen durante todo o ano, non só no verán, e favorecer desta forma un turismo de calidade e sostible, que crea actividade económica e emprego”.

O belén Xigante de Viveiro conta cun centenar de imaxes a tamaño real, incluíndo animais e numerosas estruturas coas que se recrean escenas do nacemento, pero tamén da vida dunha vila con todo tipo de actividades. Destaca pola súa beleza, a dimensión das pezas, e tamén por estar instalado no centro do casco histórico de Viveiro. 

viveiro ante o berce nadal belen

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16566586494446