Rematou en Ribadeo a situación de risco da influencia aviaria en aves

AMariñaXa
Rematou en Ribadeo a situación de risco da influencia aviaria en aves e comunicouse á venciñanza a través dun Bando. 
galinas gallinas
26 Maio 2023

Rematou en Ribadeo a situación de risco da influencia aviaria en aves e comunicouse á venciñanza a través dun Bando.

No Bando da Alcaldía explícase que “o pasado 11 de maio, as autoridades competentes en sanidade animal das Comunidades Autónomas máis o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) acordaron o levantamento das medidas de restrición sanitaria vixentes desde o pasado 20 de decembro de 2022 en España nas zonas ZER e ZEV. Deste xeito, nos concellos situados en ZEV, deixarán de aplicarse as prohibicións que ata agora estaban en vigor, non adoptándose ningunha medida especial, agás a autorización previa para a celebración de calquera tipo de concentración de aves, por parte das Consellerías do Medio Rural (no caso das aves de curral) ou de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (para o resto das aves)”.

E engade: “non obstante, a diminución do risco da IAAP non implica a ausencia total do mesmo polo que cómpre seguir certas recomendacións. Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar coa Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, nos teléfonos 981 544 777 - 881 999 070 ou no correo electrónico mediorural.dxgaia@xunta.gal”.

galinas gallinas 2
0.17707300186157