Remataron as obras de mellora da nave de redes de arrastre do porto de Celeiro

AMariñaXa
Remataron as obras de mellora da nave de redes de arrastre do porto de Celeiro, no municipio lugués de Viveiro.
NAVE DE REDES DE ARRASTRE DE CELEIRO
NAVE DE REDES DE ARRASTRE DE CELEIRO
29 nov 2022

Remataron as obras de mellora da nave de redes de arrastre do porto de Celeiro, no municipio lugués de Viveiro. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron nos últimos días o inmoble no que o Goberno galego investiu 50.000 euros. 

Os labores executados consistiron no peche do edificio polos dous frontais para mellorar as condicións de traballo dos seus usuarios, tal como solicitara a confraría de pescadores de Celeiro.

A actuación incluíu o peche frontal da cara sur a través de dúas portas corredoiras e tamén toda a fachada norte. Deste xeito minimízase o risco de vandalismo no edificio así como outros trastornos na actividade. As obras remataron en días pasados e o inmoble recuperou a actividade normal.