Rematan en outubro a modernización da nova nave do porto de Celeiro

AMariñaXa
O obxectivo é afianzar e valorizar os produtos da zona, contribuíndo de xeito paralelo ao incremento do consumo de peixe
conselleiro-visita-obra-Porto-de-Celeiro
conselleiro-visita-obra-Porto-de-Celeiro
10 Xul 2024

A Xunta de Galicia prevé rematar no mes de outubro as obras de modernización da nova nave de preparación e envasado de produtos pesqueiros do porto de Celeiro, ás que destina 1,2 millóns de euros. Así o anunciou este martes o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante a visita realizada ao peirao viveirense, e na que estivo acompañado da directora territorial de Mar, Mariña Gueimunde. Trátase dunha actuación que está financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

O 30 % restante corresponde a fondos propios da Consellería. Segundo destacou o titular de Mar, logo de supervisar o inicio dos traballos de construción, a nova dotación está destinada a afianzar e valorizar os produtos da zona, contribuíndo de xeito paralelo ao incremento do consumo de pescado dunha maneira máis sinxela e rápida, e con prezos atractivos para o consumidor. Os traballos inclúen así, a adaptación da nave existente, ademais do acondicionamento de aseos, vestiarios, chans, paredes ou a redistribución de zonas e de salas.

O obxectivo é aumentar o valor engadido da industria da zona e cadea comercial, garantindo a súa permanencia no tempo e a do ámbito socioeconómico tanto directo como indirecto que leva asociado pois, na actualidade, nin Celeiro, nin as zonas colidantes dispoñen de dependencias para o procesado de peixe. Con esta modernización e acondicionamento, todos os traballadores tamén se verán beneficiados, xa que disporán dunhas mellores instalacións e, polo tanto, obterán unha maior calidade dende o punto de vista laboral e de seguridade.

Asemade, outro dos beneficios desta iniciativa é dar visibilidade aos produtos capturados pola frota da zona, que cumpren con todos os estándares de calidade e de sostibilidade. Esta actuación súmase a outras levadas a cabo dende a administración autonómica nos últimos tres anos no peirao viveirense, e que en total superan os 3 millóns de euros. É o caso da caso da dragaxe do porto, a construción da nave e almacén do lavado de caixas e da zona da reparación de redes, a ampliación de prazas e o novo pantalán ou o eficiencia do novo edificio multiusos do peirao norte.

0.16887807846069