Rematan as obras no parque infantil trabadés da Área da Choza

AMariñaXa
O Concello de Trabada rematou estes días as obras de reposición do parque infantil na Área da Choza na Ría de Abres
parque area da choza trabada
29 Xan 2021

O Concello de Trabada rematou estes días as obras de reposición do parque infantil na Área da Choza na Ría de Abres, proxecto co que contaron cunha axuda da Deputación de Lugo de 23.818 euros.

As obras consistiron na renovación integral do pavimento, cambio e reparación dos xogos e do peche perimetral da zona para os cativos.

"O obxectivo é ofrecer un espacio de xogo seguro para os máis pequenos", indica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

0.10000205039978