Rematan as obras na área recreativa na parroquia de Vilapena

AMariñaXa
Esta área recreativa está situada nunha parcela de propiedade municipal, moi preto do núcleo rural de Vilapena
área-recreativa-da-Vilapena--Trabada
4 Out 2024

O Concello de Trabada anunciou a finalización das obras da nova área recreativa na parroquia de Vilapena, cun investimento total de 30.000 euros. Esta área recreativa está situada nunha parcela de propiedade municipal, moi preto do núcleo rural de Vilapena, e tamén no inicio e final da Ruta Circular da Fraga da Vilapena.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia da proximidade desta parcela a unha das rutas de sendeirismo máis relevantes do concello, sinalando que esta situación favorece a súa función como área de descanso tanto para os veciños como para os visitantes. “Pensamos que é un lugar idóneo para a creación dunha área recreativa e de descanso, ampliando a rede de áreas que temos polo concello”, engade o rexedor.

0.092436075210571