Rematan as obras na antiga escola unitaria da parroquia de Vidal, en Trabada

AMariñaXa
As actuacións incluídas en Vidal permitiron ao concello, entre outros aspectos, mellorar a eficiencia enerxética da vivenda
escola-unitaria-de-Vidal
3 Out 2024

O Concello de Trabada rematou as obras de renovación da vivenda da antiga escola unitaria da parroquia de Vidal.
O investimento nesta actuación ascendeu a 53.131,20 euros, dos que 46.286,54 euros precederon dunha subvención do IGVS tramitada e acadada polo Goberno local, que aportou 6.844,66 euros.

“Continuamos co proceso de renovación das vivendas das antigas escolas unitarias, como xa fixemos coas de Trabadela, Vilapercide e Sante”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García, que engade que “destinaremos estas vivendas a alugueiro social, para aumentar o parque de vivenda social dispoñible en Trabada”. As actuacións incluídas en Vidal permitiron ao concello, entre outros aspectos, mellorar a eficiencia enerxética da vivenda e, con iso, as súas condicións de seguridade, hixiene e confort.

0.24039220809937