Rematan as obras de distintas vías na parroquia de Santalla de Vilaousende

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo tamén actuou no tramo Frieira-Pastoriza e mellorará outros puntos en Ove
191124-Foto-obras-rematadas-Ribadeo-2
19 Nov 2024

En Ribadeo, segundo informan desde o Concello, remataron as obras realizas en varias vías de comunicación en Santalla de Vilaousende, en Ove e en Remourelle. O investimento ascendeu a 315.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, confirmou que “remataron as obras de mellora das vías de comunicación, das infraestruturas, que estaban certamente en moi mal estado. Sabemos que quedan outras por facer, sabemos que hai problemas en moitas parroquias, e desde logo baixo esa programación e planificación, vamos ir investindo en todas e en cada una delas”.

O rexedor explicou: “O que se fixo durante este ano foi investir unha parte, que son 315.000 euros, que é financiamento 100 % da Xunta. Iso quere dicir que non investimos nada con orzamento municipal e actuamos en tramos largos, en tramos que son importantes para certas parroquias ou lugares onde había un deterioro da estrada moi importante. Estou falando, por exemplo, de Lourido-Santalla, na parroquia de Santalla de Vilaousende, onde é unha vía de comunicación importante, é un acceso directo desde a nacional a parroquia, unha saída principal. E desde a asociación de veciños nos pedían que actuaramos, desde a asociación xuvenil tamén nos pedían que actuaramos e así foi. Trátase dunha infraestrutura importante, unha vía de comunicación onde detectamos que ía haber moitos problemas, onde o ancho tiña que ser mínimo de 4 metros e tiñamos dificultades e tivemos que construír, reforzar todo unha estrutura para darlle esa estabilidade e polo tanto tamén houbo que actuar nas cunetas botándolles formigón para darlle tamén esa estabilidade ou esa seguridade”.

Vega seguiu a relatar: “Investimos tamén en Frieira-Pastoriza, nun tramo moi importante, e actuamos ata a estrada da Deputación, que estaba moi deteriorada tamén ese acceso directo. Imos actuar tamén noutros puntos en Ove, pero nesa primeira intervención superamos o 1,5 km de actuación, polo tanto tamén unha inversión importante. E Remourelle onde había unha clara necesidade, non resolvemos todos os problemas, pero durante este ano o que fixemos foi actuar en todo entorno da escola, que estaba certamente con moitos problemas, deteriorado o pavimento, non había unha condución correcta para a auga, estaba todo abandonado. Ou a estrada Pesegueiro-Fornos, que tamén estaba con moitos problemas”.

O rexedor indicou que “o que fixemos foi ver unha planificación, unha actuación naqueles lugares, naquelas parroquias que estaban en peor estado e a pregunta que nos podemos facer, queda moito por facer? A resposta é que sí, queda moito por facer, queda moito por investir, queda moito por mellorar, pero pouquiño a pouco, programándose, buscando orzamento, buscando esa xestión necesaria para ir adiantándonos, para ir avanzando para que as nosas estradas estean nun bo estado. Hai que traballar arreo e buscar esa xestión, buscar ese orzamento que desde logo vamos encontrar”.

 

 

0.16411399841309