Rematan as obras de acondicionamento do aparcadoiro de Casas Novas

AMariñaXa
Está situado no conxunto histórico de Mondoñedo xunto á igrexa de Santiago
Aparcadoiro-Mondoñedo-1
29 Nov 2024

A Xunta de Galicia rematou as obras de acondicionamento do aparcadoiro de Casas Novas, en Mondoñedo, ás que destinou un investimento de 35.000 euros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado da actuación e explicou que afectou á rampla principal de acceso dos vehículos, desde a rúa Camiño Norte, e a unha parte da zona de estacionamento.

Arias explicou que se substituíu o antigo chan de saburra por pavimento de cemento desactivado, que é máis duradeiro e funcional ao tempo que mantén unha estética acorde coa contorna monumental do lugar.

O aparcadoiro está situado no conxunto histórico de Mondoñedo, xunto á igrexa de Santiago, polo que a actuación requiriu do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.

0.16108393669128