Conclúen os traballos na área recreativa da Vilapena, en Trabada
Rematan as obras da área recreativa da Vilapena en Trabada, situada no comezo da ruta de sendeirismo de dita parroquia. O orzamento da actuación ascende a 30.000 euros e únese a outros proxectos como a actuación para cubrir o parque infantil de San Roque.
Por outra banda, comezan as obras na estrada que vai ao Val das Eguas, na parroquia de Vidal e na da Penela, na parroquia de Trabada. “Dende o Partido Popular de Trabada sempre apoiamos as inversións que veñen dende a Xunta e poñémolas en valor”, asegura o voceiro popular no municipio José María Fernández.
Fernández tamén anuncia o inicio das obras no pavillón polideportivo, “unha subvención que vén dende a Xunta, que subvenciona prácticamente a totalidade pois ascende a 60.000 e que loitamos para que viñera para Trabada”.