Conclúen os traballos na área recreativa da Vilapena, en Trabada

AMariñaXa
Dende o Partido Popular do municipio poñen en valor as inversións da Xunta, entre as que sinalan as obras na estrada que vai ao Val das Eguas
área-recreativa-da-Vilapena--Trabada
3 Out 2024

Rematan as obras da área recreativa da Vilapena en Trabada, situada no comezo da ruta de sendeirismo de dita parroquia. O orzamento da actuación ascende a 30.000 euros e únese a outros proxectos como a actuación para cubrir o parque infantil de San Roque.

Por outra banda, comezan as obras na estrada que vai ao Val das Eguas, na parroquia de Vidal e na da Penela, na parroquia de Trabada. “Dende o Partido Popular de Trabada sempre apoiamos as inversións que veñen dende a Xunta e poñémolas en valor”, asegura o voceiro popular no municipio José María Fernández.

Fernández tamén anuncia o inicio das obras no pavillón polideportivo, “unha subvención que vén dende a Xunta, que subvenciona prácticamente a totalidade pois ascende a 60.000 e que loitamos para que viñera para Trabada”.

0.18212199211121