Rematadas as obras de iluminación do aparcadoiro de autocaravanas de Trabada

AMariñaXa
O Concello de Trabada informa do remate das obras para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas.
area autocaravanas trabada 1
area autocaravanas trabada 1
4 Dec 2021

O Concello de Trabada informa aos seus veciños do remate das obras para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas.

O concello conseguiu unha subvención de 30.000 euros para esta actuación e foi a alcaldesa, Mayra García Bermúdez, quen tramitou persoalmente a solicitude das axudas, para as que a Xunta de Galicia abriu o prazo ás doce da noite dun venres.

As obras consistiron na instalación de oito puntos de luz con luminarias LED de 48 watios sobre columnas metálicas de aceiro galvanizado asentadas en bases de formigón. Ao pé de cada base e polo tanto de cada luminaria, instalouse unha arqueta de rexistro de formigón, con tapa e marco de fundición. 

“Despois da elevada ocupación rexistrada durante o verán no aparcadoiro de autocaravanas, queremos seguir mellorando esta dotación con esta iluminación ornamental que permitirá aos turistas disfrutar do espazo, xa que ademáis da zona de aparcadoiro e de vaciado de augas conta cunha zona de picnic que tamén valoran moitísimo os usuarios, pola comodidade que supón non ter que sacar e colocar as mesas e as sillas para comer”, explica García Bermúdez.

Este non é a última actuación que o goberno municipal ten prevista para este espazo, pois xa ten solicitado outra axuda ao INEGA para a implantación dun punto de recarga eléctrica. “Na actualidade non se dispón na zona de ningún punto de servizo público de recarga para vehículos eléctricos, polo que estimamos necesario facilitar os cidadáns en xeral, e os veciños da zona en concreto, este servizo, máxime tendo en conta que o que se pretende nun futuro inmediato é conquerir que a mobilidade de vehículos tenda a ser preto do 100% eléctrica”, engade.

Por tal motivo proponse a instalación dun punto público de recarga de vehículos eléctrico neste espazo, na Ría de Abres, e outros dous en Trabada, un de uso público na zona adxacente ao Centro Etnográfico “Xosé Rocha” e outro para uso dos vehículos municipais do concello, situado na nave municipal.

O custo de cada un deles ascende a 12.713,83 euros, o que supón un investimento total de 38.141,49 euros. “Dende o goberno municipal de Trabada sumámonos unha vez máis a convocatorias que contribúan a mellora da eficiencia enerxética e pretendemos ser dos primeiros concellos galegos en contar con este servizo público”, apunta a alcadesa.

“Hai que recordar que estes fondos foron transferidos de forma directa dende o Estado ás comunidades autónomas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo, porque todos sabemos que a Xunta se nutre en boa parte dos ingresos do Estado e dos fondos europeos, que son transferidos ás comunidades autónomas para que os xestionen e os distribúan entre os seus veciños; unha vez máis, facemos un chamamento para que ese reparto sexa xusto e chegue a todos os concellos con independencia das cores dos gobernos municipais”, remata García Bermúdez

Na convocatoria de axudas do Estado establece unha axuda dun 70% que pode ampliarse ata un 80% no caso de concellos de menos de 5.000 habitantes, como é o caso de Trabada.

area autocaravanas trabada
0.18945217132568