Rematada unha nova edición do programa Cervo Concilia polo Nadal

AMariñaXa

O Concello de Cervo deu por finalizada unha nova edición do programa Cervo Concilia polo Nadal, que deu comezo o 23 de decembro e que se prolongou durante todas as vacacións escolares “co fin de contribuír o máximo posible á conciliación das familias nestas datas”.

6 ene 2023

O programa Cervo Concilia, que xa é un clásico do municipio, quixo achegar ás familias un ambiente de tranquilidade e entretemento para os máis pequenos da casa durante o Nadal.

Un centenar de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos desfrutaron dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para a diversión e o aprendizaxe. A temática do Nadal formou parte de varias das actividades levadas a cabo nas catro clases do programa, como foron o tren infantil ou o ensaio das badaladas de ano novo. As crianzas tamén puideron desfrutar da colchoneta Tubby, o Lásertag e outros moitos xogos e pasatempos, así como todo tipo de actividades educativas.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de educación, Dolores García Caramés achegáronse á escola infantil para entregar un agasallo aos nenos neste último día. Ademais, agradecen ás familias a confianza depositada en Cervo Concilia e, especialmente, e a implicación dos oito monitores e monitoras “pola súa entrega e dedicación no programa nestas datas”.