Remata o programa Xove Concilia Verán, que contou coa participación dun centenar de nenos

AMariñaXa
s xornadas incluíron excursións á praia, sesións de contacontos, e unha ampla variedade de xogos
Entrega Diplomas Xove Concilia Verán 2024
31 Aug 2024

O próximo 6 de setembro finalizará o programa "Xove Concilia Verán", unha iniciativa do Concello de Xove destinada a facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal durante as vacacións escolares. O programa, que deu comezo o 1 de xullo, contou coa participación dun centenar de menores de entre 3 e 10 anos, proporcionando un verán cheo de actividades e aprendizaxes.

En horario de 8.45 a 14.00 horas, os nenos e nenas participantes no programa participaron en actividades enfocadas a traballar valores, igualdade e a xestión das emocións. As xornadas incluíron excursións á praia, sesións de contacontos, e unha ampla variedade de xogos. Ademais, os máis pequenos desenvolveron habilidades motrices a través de xogos deportivos, e todos desfrutaron de actividades ao aire libre, como obras de teatro, funcións de maxia e contacontos.

O venres 30 de agosto, o alcalde de Xove e as concelleiras do municipio fixeron entrega dos diplomas de fin de curso a todos os participantes do "Xove Concilia Verán 2024", como recoñecemento á súa participación activa e compromiso coas actividades programadas. Este evento marcou o comezo da recta final dun verán no que as familias de Xove puideron gozar dun recurso valioso para a conciliación, mentres os seus fillos e fillas desfrutaban dun programa variado e educativo.

0.18715405464172