Remata en Ribadeo o Norteo, I Torneo de Baloncesto Interautonómico de Veteranas

AMariñaXa
Coa entrega de trofeos e libros conmemorativos, que reuniu a cinco clubs galegos e tres asturianos
Ribadeo-o-Norteo,-I-Torneo-de-Baloncesto-Interautonómico-de-Veteranas
28 Out 2024

Coa entrega de trofeos e libros conmemorativos rematou en Ribadeo o Norteo, o I Torneo de Baloncesto Interautonómico de Veteranas, que reuniu durante este sábado e o domingo a oito clubs, cinco galegos e tres asturianos.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, fai un balance moi positivo deste evento deportivo: “As Federacións Galega e Asturiana, organizadoras do Norteo, apostaron polo baloncesto, polos seus valores e polas implicacións na vida deportiva máis aló dos 35 anos. Queremos felicitar a todas as participantes, aos organizadores e tamén ao CB Ría de Ribadeo por colaborar xunto ao Concello para que esta cita fose unha realidade”.

O edil engadiu: “Agardamos repetir esta experiencia en anos sucesivos”. No acto de entrega de trofeos e libros conmemorativos participaron o concelleiro de Deportes de Ribadeo, así como representantes do Gijón Básket e da Federación Asturiana de Baloncesto. Esta primeira edición do Norteo contou tamén coa colaboración de Gestión Gratelu, que achegou o seu compromiso con este torneo, a través da acción de respaldo á Asociación Española Contra o Cancro.

0.19419503211975