Remata en Ribadeo o curso de Jazz e Música Moderna

AMariñaXa
Ribadeo acolleu do 5 ao 7 de xullo o XII Curso de Jazz e Música Moderna, que organizou a asociación cultural Bruar.
remate-curso-jazz-ribadeo
remate-curso-jazz-ribadeo
10 Xul 2024

Ribadeo acolleu do 5 ao 7 de xullo o XII Curso de Jazz e Música Moderna, que organizou a asociación cultural Bruar. Desenvolveuse na Escola Municipal de Música e Danza e contou coa participación como docentes de Hansel Luis Díez (vento), Alberto Conde (piano), Carmen Rey (voz), Kin García (contrabaixo e guitarra) e Manuel Molina (batería).

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, felicitounos “pola iniciativa e constancia e queremos dicirlles que o Concello de Ribadeo sempre respaldará estas xornadas de formación”. O Curso de Jazz e Música Moderna rematou cunha actuación no Campo de San Francisco.

0.18481492996216