Remata a rehabilitación das fontes da Graña, en Ove, e de Cedofeita

AMariñaXa
Realizada a través do proxecto Fontes Vivas co fin de conservar o patrimonio
ribadeo-Foto-fonte-da-Graña
9 Dec 2024

Traslada o Concello de Ribadeo que remataron as obras de conservación das fontes da Graña, en Ove, e de Cedofeita. Foi a través do proxecto Fontes Vivas, que conta co financiamento do Agader da Xunta de Galicia.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “rematan as obras nas dúas primeiras fontes que estamos a rehabilitar. Fontes Vivas é o proxecto que presentamos ante a Xunta de Galicia na busca dese orzamento necesario para rehabilitar. É moi importante investir nese patrimonio que nos foi entregado gratuitamente, pero é sumamente importante conservalo no tempo”.

O rexedor dixo: “Estas fontes que estaban abandonadas, é dicir que se deixou de facer un mantemento, unha conservación, e acabaron debaixo das silvas, o que pretendemos é todo o contrario. Primeiro paso, buscar ese orzamento que o conseguimos na Xunta de Galicia, despois investir é dicir rehabilitar e agora conservar no tempo”.

E subliñou: “Con este orzamento rehabilitamos estas dúas primeiras fontes, na Graña en Ove e tamén en Cedofeita. Pois 20.000 euros, que é o orzamento para investir, para rehabilitar e así conservar as fontes que nos foron entregadas gratuitamente e agora temos a obriga de conservar”.

 

0.17050909996033