Remata a primeira fase dos traballos de renovación do parque Pernas Peón, en Viveiro

AMariñaXa
Os traballos primaron a seguridade para a veciñanza neste espazo de lecer
parque-Pernas-Peón-viveiro
22 Out 2024

Remata a primeira fase dos traballos de renovación do parque Pernas Peón. Os traballos primaron a seguridade para a veciñanza neste espazo de lecer, cortando algunhas tuias e outras árbores porque segundo os informes técnicos tiñan serio risco de desprendementos e caídas. Os expertos tamén advirten da necesidade de podar eucaliptos do parque por estar enfermos e en mal estado.

As obras incluíron a eliminación de tocos e a retirada dunha parte do muro que delimita a zona norte do parque, mellorando o acceso cara á praia de Covas. A creación dun paso de peóns elevado, a pavimentación dos accesos ao
restaurante e aseos públicos e a construción dunha beirarrúa de 3 metros de ancho forman tamén parte das melloras, que permitirán unha mellor accesibilidade no parque.

“Estamos traballando xa nunha segunda fase de actuacións para conseguir abrir a parrillada do parque e mellorar os xogos”, engade a tenenta de alcaldesa de Viveiro e concelleira responsable de Obras e Medioambiente, Míriam Bermúdez. Os traballos da primeira fase foron financiados nun 90 % polos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea, e foron supervisados polos técnicos municipais, “quenes velaron polo bo desenvolvemento técnico das mesmas, traballo imprescindible, e que agardamos sexan de agrado e disfrute para a veciñanza”.

0.18425917625427