Remata a liga de bolos de Xove

AMariñaXa
Esta fin de semana tivo lugar a última das 18 xornadas da Liga de Bolos de Xove, que celebrou a súa XXXII edición para a categoría sénior.
ganadores liga bolos xove 2021
7 Abr 2021

Esta fin de semana tivo lugar a última das 18 xornadas da Liga de Bolos de Xove, que celebrou este ano a súa XXXII edición para a categoría sénior, a XXI para sub 16 e a XII para féminas.

A última sesión tivo lugar en Vilachá, onde se fixo entrega tamén dos galardóns aos campións da liga que, na categoría masculina foi para Miguel López, que xa tiña asegurada a praza antes da última das tiradas.

Quedaba por dilucidar quen se facía co segundo posto final, para o cal partía como favorito Francisco Pérez, que tiña seis puntos de ventaxe sobre Arturo Vigo. Pois ben, despois de rematada a tirada de Vilachá a clasificación non mudou, ocupando as tres primeiras prazas Miguel López, Francisco Pérez e Arturo Vigo respectivamente. Salientar que a 3ª victoria consecutiva dun mozo Miguel López neste torneo, xesta que só outro xogador puido acadar, Arturo Vigo. Arturo inda mantén o récord de torneo consecutivos gañados con 6; foi campión as seguintes temporadas seguidas: 94-95, 95-96, 96-97, 97-98, 98-99 e 99-00. Pois ben, Miguel López, se continúa nesta línea, e tratándose dun xogador que aínda non cumpriu os 21 anos, pode perfectamente batir a marca de Arturo.

No apartado de maiores de 60 anos resultou campión Arturo Rodríguez Álvarez, seguido de José González Rodríguez e Marcelino Rodríguez Álvarez. O subcampión levou tamén o trofeo ao xogador de maior idade.

Na categoría feminina, con Julia López como campioa indiscutible, só quedaban por dilucidar quen ocupaba os postos 4º e 5º, que finalmente foron Salomé Bermúdez e Concepción Piñeiro respectivamente. A segunda praza foi para Belén Meitín Rouco e o terceiro para Carmen Roca Corral. A mellor bolada correspondeulle á campioa.

Na Liga Sub 16 tampouco houbo variacións nos primeiros postos. O campión foi Xenxo Salgueiro Franco, seguido dos irmáns Christian e Íker Cociña González correpondendo a mellor bolarada a Christian.

A incorporación durante toda a competición de David Vigo, Naia Cancelos, Jordi Cancelos e Iker Cociña á competición supuxo un soplo de aire novo e fresco, dada a necesidade de incorporar xogadores novos.

Rematada a competición, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de deportes Cristina Iglesias fixo entrega dos trofeos e premios aos vencedores, agradecendo a colaboración neste evento do Club de Bolos Xove.

0.19349098205566