Regresan as Xornadas Mindonienses de arqueoloxía

AMariñaXa
A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 13, 14 e 15 de decembro
Cartel-copia--mondoñedo
28 Nov 2024

Mondoñedo retoma a actividade divulgativa coa habitual cita arqueolóxica que se vén celebrando en decembro dende fai máis de vinte anos. Son as Xornadas Mindonienses de arqueoloxía que, neste 2024, chegan á súa edición número 24.

A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 13, 14 e 15 de decembro na Sala de Conferencias do Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro e será unha edición monográfica sobre a Cova do Rei Cintolo a raíz de todas as investigacións que se estiveron e está a realizar nela dende o ano 2018. Nesta edición, o Concello conta coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía para achegar esta temática.

A edición deste ano, dirixida polo arqueólogo municipal Abel Vigo, conta coa coordinación do xeólogo Marcos Vaqueiro quen, ademais, é o responsable da coordinación e execución das investigacións que se están a executar na cova e que se van a poñer sobre a mesa nesta edición.

O programa comezará o venres día 13, ás 19.30h coa entrega de documentación e co acto inaugural para arrancar a actividade propia do curso, ás 20.00h, coa intervención de D. Marcos Vaqueiro que leva o título '9.000m de cavernas y ríos bajo O Coto do Penido: Aproximando su línea de tiempo'.

A segunda xornada, o sábado día 14, arrancará pola mañá cunha visita guiada a diversos puntos de interese da Mariña relacionados con este mundo. Estes serían: A Frouseira, onde a auga disolve os granitos da Mariña, Abrigos da Ameixoada: unha porta a outras covas (arqueolóxicas) de Mondoñedo e Furada Senar: a outra gran boca e o outro gran sumidoiro de O Cintolo... ata o seu peche en MIS3.

Na tarde do sábado, ás 18.00h, terá lugar a segunda conferencia, a cargo de Dna. Aurora Grandal coa intervención titulada 'Paleontología del karst Mondoñedo – Abadín'

A actividade finalizará o domingo día 17 cunha conferencia ás 12:00h, a cargo de Dna. María Luz Rodríguez Blanco e D. Marcos Vaqueiro, co título 'Rios bajo la montaña: Lo que nos revela la geoquímica de las augas entre O Coto do Penido y O Penido de Orxal'

A xornada rematará coa entrega de diplomas. Para a asistir á actividade prégase inscrición a través do e-mail ou a través do teléfonos 982 507 177 e 982 524 003. A matricula na actividade é gratuíta e estará aberta ata o venres, día 13.00 ás 14.00h.

Dende o Concello de Mondoñedo queren convidar a asistir a esta actividade a todas e todos os afeccionados ao mundo da historia e da arqueoloxía a través deste atractivo programa de actividades.

0.13777613639832