Regresa a liga de Billarda co Trofeo das Noces de Castroverde
A liga de Billarda da conferencia NorLeste regresou esta fin de semana coa celebración do V edición do Trofeo das Noces en Castroverde.
No campo de fútbol da Veiga do Olmo, perfectamente axeitado para tan festiva ocasión, foi onde se deron cita para tan ansiado reencontro billardeiro un bo número de palanadores que devecían por voltar a loita.
Xogouse con máscaras obrigatorias, sen compartir material, xel e distancia axeitada, aplicando o protocolo de seguridade Fisicovid.
O tirón da billarda estase a notar en tódolos equipos ca incorporación de un bo puñado de novos fichaxes, xente miúda, mozos e non tanto que puxeron empeño e deixaron moi boas sensacións, mais o importante nesta ocasión non foi tanto a competición canto o reencontro entre amigos que levaban un tempo sin se ver.
Notouse a inactividade, mais paseniño se foi entrando de cheo nuhna competición que resultou deportivamente moi reñida. As puntuación non foron moi altas, so tres palanadores superaron os 20 puntos e acadoron o podio da xornada.
Manu Pozo e Félix (Billardeiros Musicais de Ribadeo) foron primeiro e segundo, acompañounos no terceiro caixón Sachas (Troitas Bravas da Pontenova).
En donas destacou Irea (Carabullo de Ponte de Outeiro), seguida da tricampioa nacional Geni (Billardeiros Musicais) e Paula (Chainzos-Cadaval da Pastoriza e Castro de Rei).
Aroa (Billardeiros Musicais) gañou en infantís seguida de Diego e Mateo (ambos os dous de Madia Leva de Lugo).
Finalmente por equipos gañaron os Billardeiros Musicais de Ribadeo, aínda que só cun punto de diferencia cos Carabullo de Ponte de Outeiro e os Troitas Bravas da Pontenova, o que dá unha idea da igualdade existente e a emoción que agarda nesta nova edición da LNB NorLeste.
Ós oito equipos que compoñen a nosa conferencia, xunguíronse nesta primeira xornada, Campo da Feira de Paisaco e Filloas de Sangue da Coruña, dous equipos veteráns e moi competitivos que xogan na conferencia NorOeste.
Cerrouse a xornada coa entega os gañadores duns artísticos e artesanais trofeos feitos por Manu de Billarda Verde e a continuación remataron dando conta dunhas racións de pulpo á feira.