Recursos de Galicia impulsa en Barreiros o programa “Mondigo Beneficia” para apoiar ao tecido empresarial local

A empresa Recursos de Galicia, responsable do Parque Eólico Mondigo, está a desenvolver o programa “Mondigo Beneficia”, unha iniciativa dirixida ás empresas situadas nos concellos da súa área de influencia co obxectivo de identificar necesidades e promover posibles liñas de colaboración.
Co fin de coñecer de primeira man a realidade do tecido empresarial da zona, a compañía ten previsto celebrar unha reunión aberta na que poderá participar calquera empresa con actividade en Barreiros, independentemente do seu sector.
Desde a organización considérase especialmente importante a asistencia deste encontro, xa que permitirá recoller información directa sobre as demandas e prioridades das empresas locais, co obxectivo de adaptar futuras actuacións do programa ás súas necesidades reais.
A convocatoria terá lugar mañá, martes 19 de maio, ás 16:30 horas no Concello de Barreiros, onde se explicarán os detalles do programa e se abrirá un espazo de diálogo coas persoas asistentes.