Reaxustes nalgúns horarios e grupos das escolas deportivas de Barreiros

AMariñaXa
O Concello de Barreiros completou o primeiro mes e reaxustou algúns horarios das escolas deportivas, así como desdobraron algúns grupos
escolas deportivas barreiros 2022 prazo 1
11 Nov 2022

O Concello de Barreiros completou o primeiro mes e reaxustou algúns horarios das escolas deportivas, así como desdobraron algúns dos grupos debido a gran demanda das actividades.

Dende o Concello tamén informaron das prazas libres nas que aínda se pode inscribir.

Así, quedan prazas en Cardio Hitt ps martes de 19.30 a 20.15 horas e en Zumba os martes de 20.30 a 21.30 horas ambos no pavillón de San Cosme, de Ximnasia de mantemento os mércores de 18.15 a 19.15 hora, Ioga os mércores de 20.30 a 21.30 horas e de Espalada saudable os xoves de 20.00 a 21.00 horas, todos no centro sociocultural de San Cosme.

As persoas interesadas en asistir deben formalizar a inscrición no rexistro xeral do Concello de Barreiros en horario de 8.30 a 14.30 horas ou ben a través da sede electrónica municipal.

 

escolas deportivas barreiros novembro
0.19383788108826