Realízanse labores de conservación nos ríos Baos e Batán en Lourenzá para mellorar o fluxo das augas

AMariñaXa
As intervencións buscan despexar os leitos fluviais para favorecer a saúde ecolóxica e previr problemas de inundación na zona
rio-baos-lourenzá
25 Oct 2024

A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, iniciou labores de conservación e limpeza nos tramos interurbanos dos ríos Baos e Batán no concello de Lourenzá. Estas actuacións teñen como obxectivo mellorar a circulación das augas e evitar obstrucións nos leitos fluviais.

Segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as intervencións no río Baos comezaron o 24 de outubro e continuarán ata o día 29. Pola súa parte, os traballos no río Batán comezarán o 30 de outubro e finalizarán o 5 de novembro. As labores consisten na retirada de árbores caídas e na limpeza das canles para facilitar o paso fluído das augas.

Estas actuacións forman parte dun programa de mantemento e conservación das bacías fluviais de Galicia-Costa, promovido por Augas de Galicia. O obxectivo é garantir a preservación dos ecosistemas naturais nas zonas onde a Xunta ten competencias, fóra dos tramos urbanos que son responsabilidade dos concellos.

0.17089891433716