Realizan obras de mellora no lavadoiro de Rinlo
A Concellaría de Obras está a realizar melloras no lavadoiro de Rinlo. A edil Mónica Freire subliñou que se trata dun elemento patrimonial que segue a ser empregado pola veciñanza na actualidade.
A brigada de Obras está habilitando e realizando traballos de mellora no acceso ao lavadoiro de Rinlo. Trátase dun elemento patrimonial que a día de hoxe segue sendo empregado pola veciñanza de Rinlo e no que, debido á acción do mar, a entrada se atopaba en mal estado e era complicado o acceso ao seu interior.
Demandouse habilitar unha entrada máis segura, para o cal estase a facer un murete de pedra para ampliar esa zona e colocar tamén unha varanda de madeira. "Todo isto tendo en conta que se trata dun elemento situado nun entorno natural, polo que todo o que se está a facer se fai co mínimo impacto para que quede o máis integrado neste espazo”, explican.