Reabre o parque do Xardín de Ribadeo tras a ampliación

AMariñaXa
Hoxe reabre en Ribadeo o parque infantil do Xardín, tras as obras de mellora e ampliación realizadas nas últimas semanas.
apertura parque Xardin ribadeo
12 Mar 2021

Hoxe reabre en Ribadeo o parque infantil do Xardín, tras as obras de mellora e ampliación realizadas nas últimas semanas. Duplicouse a superficie, instalouse un valado novo e os pícaros e pícaras poderán gozar dun tobogán grande, dunha cama elástica e dunha pista multideporte, entre outros xogos. O investimento realizado pola Deputación ascendeu a 52.600 euros. 

0.10086703300476