Reaberto o ximnasio da piscina municipal de Cervo tras unha reforma integral das instalacións

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo vén de reabrir o ximnasio da piscina municipal tras unha reforma integral das instalacións que supuxo un investimento de 45.
24 Abr 2019

O Concello de Cervo vén de reabrir o ximnasio da piscina municipal tras unha reforma integral das instalacións que supuxo un investimento de 45.000 euros procedentes de fondos propios.

Mentras se acometía a obra habilitouse unha sala provisional na que se instalou a maquinaria.

Tal e como explicaron Villares e Soto “fíxose unha reforma integral das instalacións actuando na cuberta, na estrutura e no piso - que se reforzou naquelas zonas nas que empregan  elementos como son as pesas-, e adquiríronse novas máquinas, que está previsto que cheguen nos próximos días”.

A Piscina de Lieiro é unha instalación única na provincia de Lugo, e as súas tarifas son moi competitivas. A cuota individual para maiores de 25 anos, empadroados no municipio, ascende a 18, 12 euros ao mes; e é de 28,31 euros para os non empadroados. Ademais, hai prezos especiais para as familias, para os menores de 25 anos e para os pensionistas.

0.16733813285828