Quecen motores para o VI Rallye Mariña Lucense con 76 vehículos inscritos

AMariñaXa
A V edición do Rallye Mariña Lucense, celebrarase  este ano os vindeiros 12 ,13 e 14 de maio . Sendo así a terceira proba do Campionato Galego
presentación Rallye A Mariña 3
9 Maio 2024

A VI edición do Rallye Mariña Lucense quence motores na súa nova convocatoria que se celebrará este ano do 10 ao 12 de maio. A cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes está organizada pola Escudería Mix Rallye Sport e conta con catro treitos cronometrados que suman 88,5 quilómetros, nos municipios de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove e que terá base en Viveiro.

Nesta convocatoria participarán 76 equipos, entre eles 11 pilotos das escuderías mariñás Mix Rallye Sports e A Pontenova. Un dos grandes alicientes da proba é a presenza dos WRC de Victor Senra, Alberto Otero e Antonio Pérez , entre os favoritos para o Campionato Galego de Rallly. Ademais, estarán en xogo 11 Copas de Promoción  e un Trofeo Copa Kilómetro Cero para o máis rápido dos pilotos locais.

O venres terá lugar a cerimonia de saída pola Travesía da Mariña de Viveiro. Aínda que se disputará o sábado durante toda a xornada: a primeira pasada está prevista no Vicedo ás 9.00 horas e a última en Xove ás 23.00 horas aproximadamente. Neste 2024, esta é a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto, constando de catro treitos distintos, todos a doble pasada, cun total de 280,94 km, dos que 88,55 km son cronometrados.

Trátase dun evento consolidado, cuxo primeiro gañador foi Iago Caamaño e o piloto máis laureado é Victor Senra, con dous triunfos. Disputarase en catro tramos, a dobre pasada, sumando un total de 88,5 km cronometrados: o do Vicedo,  14,56 quilómetros, que comeza na Avenida Deputación e remata no mirador de Riobarba; o de Ourol, de 9,25 quilómetros, entre o pavillón municipal de Ourol e Viladóniga; o de Cervo, de 10 quilómetros, con saída diante da fábrica de Sargadelos e chegada no Castelo; e o de Xove, de 10,47 quilómetros, con saída diante da Casa do Concello e meta no Monte Golán.

Programa e tramos

A ceremonia de saída será o venres, 10 de maio, ás 20.30 horas en Viveiro, que acollerá os parques de asistencia (aparcamento do Pavillón Municipal de Viveiro) e reagrupamento (Aparcamento Grallal en Covas).  O sábado pola mañá, 11 de maio, os pilotos correrán no Vicedo e Ourol, facendo dúas pasadas en cada tramo. O rally continúa pola tarde nos tramos de Cervo e Xove, tamén con dúas pasadas.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é a principal patrocinadora da proba. Na presentación, o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García destacaron “a aposta que desde a Vicepresidencia da Deputación se fixo desde o inicio pola proba,  que se puxo en marcha en 2019 para responder e canalizar a gran afección ao motor que hai na comarca, como se verá tamén este ano, tanto na liña de saída, coa participación de pilotos locais, como á beira das estradas”.

Nese sentido, os responsables provinciais subliñaron que “no fomento do deporte, en todas as disciplinas e tamén no automobilismo, é fundamental unha distribución territorial que facilite o acceso ao deporte en todas as comarcas, polo que valoramos especialmente a participación e a
implicación de equipos locais”.

Galicia, segundo comunidade con máis licenzas 

A Xunta tamén colabora coa escudería MixRallyeSports na organización. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación da proba. A Secretaría Xeral para o Deporte destina a través dun convenio 12.100 euros para este evento concreto, ademais do financiamento que achega á Federación Galega de Automobilismo para impulsar aos clubs e competicións que se realizan na comunidade. Ao respecto, cómpre subliñar que Galicia ocupa o segundo lugar de España en número de licenzas federativas e a terceira en número de clubs.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu a Xunta de Seguridade e fixo fincapé na necesidade de lembrar aos afeccionados que se sitúen en lugares seguros, respectando as medidas establecidas pola organización da proba, para que o evento se desenvolva con total normalidade. Na xuntanza que acolleu a Subdelegación do Goberno definiuse un amplo dispositivo para garantir a seguridade durante a celebración da proba deportiva, que transcorrerá por 5 municipios da Mariña lucense. O seu labor comprenderá desde controlar a apertura e peche de cada tramo no horario establecido ata supervisar as vías de evacuación e previr infraccións e comportamentos que atenten contra a seguridade de pilotos e público.

No encontro participou o presidente da Escudaría Mix Rallye Sport, organizadora da carreira; Ignacio J. Dávila; así como da Garda Civil, Subsector de Tráfico, Policía Nacional, Xefatura provincial de Tráfico, Bombeiros e de Protección Civil, ademais de representantes dos concellos polos que discorrerá o rally, e da Xunta

0.089837074279785