PSOE e BNG rubrican o acordo de Goberno da Deputación

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Os grupos do PSdeG-PSOE e do B.N.G. na Deputación de Lugo acordanasinar un pacto de goberno para o mandato 2023-2027,
acordo goberno deputacion bng psoe
5 Xul 2023

Os grupos do PSdeG-PSOE e do BNG na Deputación de Lugo acordon asinar un pacto de goberno para o mandato 2023-2027, cuxas liñas xerais se recollen nun documento que firmaros os representantes dos dous partidos: José Tomé e Efrén Castro.

No presente documento informan das liñas xerais de traballo e competencias:

Apostamos por unha transformación radical do funcionamento desta institución, como vimos facendo nos últimos anos onde nacionalistas e socialistas cogobernamos esta Deputación. E fixémolo afondando na súa democratización e co obxectivo fundamental de servizo á cidadanía no seu conxunto, tendo como principio irrenunciable garantir o funcionamento obxectivo e transparente da mesma, eliminando todo tipo de arbitrariedade e/ou discriminación no desenvolvemento da súa actividade.

A asistencia, cooperación e elaboración cos concellos reafirmase como a competencia nuclear da Deputación, presidida polo mutuo recoñecemento entre iguais, garantindo que a autonomía municipal sexa realmente efectiva. Apostaremos por impulsar a maior transferencia de recursos económicos posibles aos concellos respectando as singularidades que lles son propias. Todo isto enmarcado dentro dun sistema racional e eficiente que procure prestar en rede os mellores servizos á cidadanía a un menor custe.

Un eixo fundamental de traballo será a procura do adelgazamento das deputacións, emprazando á Xunta a iniciar e comprometerse en procesos sobre o traspaso de infraestruturas, equipamentos, centros e servizos que deban ser transferidos á comunidade autónoma. Isto farase respectando en todo momento os dereitos laborais das traballadoras e traballadores dos centros e servizos que resultaran afectados.

O acordo de goberno, alén de servir para poñer en valor a cultura do diálogo e consenso na vida pública, baseándose en posibles políticas que primen o aspecto transformador destas sobre a realidade social, destacando o aspecto ético na xestión do público, garantindo a participación da sociedade civil na práctica do goberno e dando resposta eficaz ás diferentes problemáticas da cidadanía.

Poñendo en valor a vontade cidadá, o Partido Socialistas de Galicia-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego expresan o seu compromiso compartido de levar a cabo as seguintes medidas de xeito transversal:

  1. Afianzar o principio de cooperación interinstitucional œ obxectivo de garantir a prestación dun mínimo de servizos públicos comúns homoxéneos en toda a provincia, e de realizar un aproveitamento e administración máis eficaz dos recursos públicos.
  2. Garantir os principios da ética e a transparencia na gobernación pública da institución provincial.
  3. Aplicar a normativa do uso lingua galega e mellorar os recursos existentes para desenvolver unha verdadeira política de Normalización Lingüísticas, utilizando o galego en toda a documentación interna e externa e facendo uso da nosa lingua todas as persoas que exerzan cargos públicos cando representen á institución.
  4. Garantir o uso da linguaxe inclusiva na documentación xerada na institución.
  5. Estudar o impacto de xénero en todas as accións que se realicen, impulsando aquelas medidas que se consideren prioritarias do Plan de Acción das Políticas de igualdade.
  6. Estudar e apostar por medidas de concienciación medioambiental que conxuguen a aposta pola xestión e o desenvolvemento do territorio e o respecto polo mantemento e singularidade deste.
  7. Impulsar a aplicación de medidas de restauración da Memoria Histórica e fomentar as accións para o seu coñecemento.
  8. Este tipo de apostas valorizan a presenza das persoas no seu territorio contribuíndo ao asentamento da poboación e con iso freando o despoboamento que afecta ao noso rural.

Compromisos programáticos e medidas a curto prazo

  1. Crear dunha vicepresidencia única que manteña as competencias recollidas no Regulamento Orgánico e na lexislación vixente.
  2. Delegar a sinatura para impulsar as accións administrativas en todas as áreas.
  3. Mellorar os trámites internos mediante a adaptación do Regulamento Orgánico.
  4. Transferir á Xunta aquelas competencias que lle son impropias ao ente provincial para o cumprimento dos seus fins.
  5. Manter no 5%, como máximo, do orzamento inicial as cantidades dedicadas a subvencións excepcionais, xustificando en todo caso o interese xeral.
  6. Incrementar o Plan Único para os Concellos en 250.000€ cada ano ata acadar 1 millón de euros no mandato.
  7. No caso de liberar recursos transferindo á Xunta de Galicia as competencias que lle son propias, incrementarase o Plan Único de xeito porcentual aos recursos liberados.
  8. Dado que a Deputación se ve obrigada a soster a rede provincial de estradas mais ampla do Estado, é imprescindible completar o proceso de transferencias coa Xunta de Galicia e os concellos, regulando as casuísticas obsoletas e actualizando a titularidade das Administracións sobre as estradas na provincia.
  9. O Goberno provincial instará as Administracións competentes a completar o mapa de estradas e camiños de ferro que garantan a mobilidade provincial presente e futura.
  10. Manter a colaboración co Campus Universitario de Lugo, co-financiando diferentes programas. Soster liñas de colaboración coa Universidade Nacional de Educación a Distancia nos centros de Lugo, Monforte, Viveiro e Foz.
  11. Apoiar o sector agropecuario para incrementar a súa produtividade e beneficio, establecendo redes de servizos que diminúan os custes e melloren a calidade de vida, garantindo a súa permanencia no rural.
  12. Continuar apoiando o tecido asociativo provincial baixo criterios obxectivos, transparentes e democráticos apostando polas subvencións en réxime de concorrencia competitiva, con fin de que sigan a desenvolver unha programación propia que poña en valor os seus recursos.
  13. Promover e facer rendibles os recursos turísticos, patrimoniais e históricos coordinando os sectores público-privado.
  14. Implementar novos mecanismos que faciliten a participación da cidadanía na vida pública, achegando a institución á sociedade.
firma acordo goberno deputacion lugo 2
0.16988706588745