Programan unha visita á escavación arqueolóxica de Santo Estevo do Ermo, en Barreiros

AMariñaXa
Durante a visita, organizada por Mariña Patrimonio, a Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA), informarase sobre os avances e obxectivos desta intervención arqueolóxica
santo_estevo_do_hermo_barreiros_fraga
16 Oct 2024

Este xoves, 17 de outubro, terá lugar unha visita guiada, ás 17.00 horas, na escavación arqueolóxica que se está levando a cabo na leira adquirida, grazas á colaboración cidadá, en Santo Estevo do Ermo, en Barreiros.

A intervención arqueolóxica, que conta co apoio da Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ten como obxectivo recuperar e investigar parte deste importante espazo natural e histórico.

Durante a visita, organizada por Mariña Patrimonio, a Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA), informarase sobre os avances e obxectivos desta intervención arqueolóxica.

0.13645482063293