Primeira reunión para trazar os plans para próximo trofeo Emma Cuervo

AMariñaXa
Na fábrica de Sargadelos, membros do Ribadeo FC tiveron unha xuntanza co PP onde trataron temas cara a vindeira edición do Emma Cuervo.
trofeo emma cuervo ribadeo
4 Apr 2021

O coordinador de deportes do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Tito Suárez, e o voceiro popular, Daniel Vega, continúan cos pequenos encontros coas entidades deportivas do municipio.

Así, nesta ocasión, os populares reuníronse con representantes do Ribadeo FC para trazar as liñas de colaboración de cara a celebración da edición número 70 do trofeo Emma Cuervo, o vicedecano dos trofeos de verán en España.

A xuntanza tivo lugar nas instalacións da fábrica de Sargadelos, icono da cerámica galega. “Desta maneira volvemos mesturar a cultura e o deporte”, segundo manifestou Tito Suárez. De feito, será a firma cervense a que se encargará de facer o deseño do trofeo.

Tito Suárez destaca a importancia de inxectar financiamento para o deporte e por iso “a colaboración das distintas administracións é fundamental”. Neste sentido, o coordinador de deportes explicou que “seguimos xestionando inversións para as entidades deportivas da nosa vila. Seguimos traballando, seguimos sumando”, conclúe.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1893949508667