Presentan a 44ª edición da Mostra Folclórica Internacional en Viveiro

AMariñaXa
O evento posiciona a Viveiro como un referente cultural
Mostra-Folclórica-Internacional,
24 Jul 2024

O Concello de Viveiro foi o escenario da presentación da Mostra Folclórica Internacional, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto. “Quero agradecer o traballo de Bágoas da Terra e da súa presidenta, Mari Carmen González López, Chipe, por todos estes anos de traballo nun evento que é un referente cultural en Galicia”, asegurou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, nunha presentación á que tamen asistiu a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

A mostra cumpre este ano a súa 44ª edición e recibirá de novo agrupacións de varios contienentes. O evento posiciona a Viveiro como un referente cultural, con amplo recoñecemento internacional xa que pertence ao CIOFF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais), integrado na ONU-Unesco.

0.18534588813782