Presentado o III Enduro Monte Castelo Burela
A Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela e o Club Ciclista Cerezo Bikes organizan a III edición da iniciativa Enduro. Monte Castelo durante a fin de semana do 15 e 16 de abril.
Esta proba consta de 25 quilómetros nun contorno natural, 1.450 metros de acumulada, 4 circuítos cronometrados e será puntuable para a Copa Galicia, e a previsión de participantes é como nas anteriores edicións duns 150 corredores.
Dende a entidade comercial queren convidar a todas as persoas amantes do ciclismo a participar nesta proba deportiva e visitar os establecementos de proximidade de Burela durante esa fin de semana. sendo unha boa oportunidade para impulsar o comercio e a hostalería local.
Jaime Seijas, presidente do club organizador, explica que "se trata dunha carreira de bicicletas na modalidade en enduro que se celebrapolo Monte Castelo de Burela e polas propias rúas do pobo".