Presenta catro actividades de deporte seguro para o Nadal

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
Presenta catro actividades de deporte seguro para o Nadal. O programa contará con catro actividades diferenciadas.
21 Dec 2020

Foz presenta para este nadal o programa DiverFoz, deseñado para estas datas de Nadal, co obxectivo que a mocidade goce, practique deporte, de forma segura. O programa contará con catro actividades diferenciadas.

O Combate Láser, que consistirá na práctica deportiva nos xardíns da praza Conde de Fontao a tarde do 26 de decembro. En equipos de 3 persoas correrán e desenvolverá estratexias para evitar ser capturado usando un láser.

A segunda actividade será Futbolín Humano, no Campo da Cabana, durante todo o 29 de decembro. Os participantes imitarán ás figuras do futbolín, limitando os movementos. En equipos de 3 persoas.

A terceira actividade será o Super Deslizador, na praza Conde de Fontao. Os pequenos deslizaranse en donuts por rampas que chegan aos 7 metros. Haberá quendas para todos/as porque o superdeslizador estará o 2 e o 3 de xaneiro en xornada de mañá e tarde.

A última das catro actividades será o Basket Street. O CB Celtas colabora neste programa cun circuíto de habilidade e tiro para a mañá do 4 de xaneiro, na praza de Galicia.

Todas as actividades requiren inscrición previa, excepto o Super deslizador. E para que sexa sinxelo, tan só débense remitir os datos persoais do equipo (para combate láser e futbolín) ou da persoa interesada en participar (basket street) ao correo electrónico: diverfoz@concellodefoz.es ou a través de mensaxe directa ao perfil do Concello de Foz nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.
0.11652016639709