Preparan a oitava edición do Trail Monte Comado

AMariñaXa
A Asociación cultural e deportiva Praias de Comado organiza a oitava edición do Trail Monte Comado
cartel_monte_comado
7 Out 2024

Barreiros conta os días para unha das citas deportivas máis esperadas e consolidadas do municipio. A Asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello organiza así a oitava edición do Trail Monte Comado. A cita será o vindeiro domingo 13 de outubro e conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia.

Ofertan trail 12km e trail 26km nas categorías sénior, para persoas nacidas dende 2008 a 1980, ambos incluidos e veteráns, para os nados en 1979 ou antes. Os interesados poden anotarse ata o vindeiro 10 de outubro por un prezo de 18 euros para a modalidade de 12 quilómetros e por 23 no caso de facer os 26 quilómetros.

A saída e meta estarán situadas na praza do Souto de San Miguel de Reinante, percorrendo gran parte dos montes do concello de Barreiros, en dúas distancias, 12 e 26 quilómetros. Destaca esta cita porque pasa por puntos de gran beleza como son a fraga de Santo Estvo do Ermo e o cumio do Monte Comado. A saida do Trail 26k será ás 9.30 horas., mentres que unha hora máis tarde será o turno do Trail 12k. A entrega de trofeos está prevista para as 13.30 horas e ó remate da mesma haberá pinchos para corredores e acompañantes
viii trail monte comado
0.1559579372406