Preocupación no Concello de Alfoz pola falta de profesorado no CEIP Castro de Ouro

AMariñaXa
A falta de cumprimento dos acordos sobre agrupamentos de aulas mixtas pon en risco a calidade educativa e a igualdade de oportunidades no centro
Imaxe do CEIP Castro de Ouro
12 sep 2024

O Concello de Alfoz amosa a súa alarma ante o incumprimento dos acordos firmados entre a Xunta de Galicia e os sindicatos sobre a organización das aulas mixtas nos centros educativos infantís e primarios. Esta situación afecta directamente ao CEIP Castro de Ouro, xerando preocupación entre a comunidade educativa.

O Concello subliña que "esta situación non apoia a educación no rural". A carencia de recursos e o incumprimento dos acordos comprometidos poñen en perigo a calidade educativa e o futuro dos alumnos e alumnas. A educación no medio rural é crucial para asegurar a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento da comunidade. "Aínda se reducen máis os recursos ao non contar este curso cun docente de Pedagoxía Terapéutica, un recurso vital para atender as necesidades do noso centro", destacan dende o consistorio.

Desde o Concello de Alfoz, solicitamos á Xunta que adopte medidas urxentes para corrixir esta situación e que se comprometa realmente co futuro da educación no rural. A educación é un pilar fundamental para o avance e a cohesión social, e non podemos permitir que se deixe de lado.

Agradecemos o apoio da comunidade educativa e de todas as familias afectadas, e reiteramos o noso compromiso de loitar por unha educación de calidade para todos.

 

0.18219399452209