Portos de Galicia destina máis de 19,3 millóns de euros ao servizo de limpeza e recollida de residuos nos portos autonómicos

AMariñaXa
Portos de Galicia, destina máis de 19,3 millóns de euros ao servizo de limpeza e recollida de residuos nos portos para os próximos catro anos.
portino de nois
portino de nois
3 Xuño 2023

O concurso é para un prazo inicial de dous anos, por importe de máis de 9,6 millóns de euros, e poderán realizarse dúas prórrogas anuais ata chegar a ese importe máximo e a eses catro exercicios.

Portos de Galicia destina máis de 19,3 millóns de euros ao servizo de limpeza e recollida de residuos nos portos autonómicos para os próximos catro anos. O contrato inicial será de dous anos, por importe de máis de 9,6 millóns de euros, e poderán realizarse dúas prórrogas anuais ata chegar a un máximo de catro exercicios e a ese valor estimado de máis de 19 millóns de euros.

O Executivo galego autorizou hoxe en Consello esta contratación para a realización de traballos de limpeza nas zonas de servizo dos portos que non estean en réxime de concesión ou autorización, tanto en terra como na lámina de auga, e a recollida dos residuos xerados nos peiraos incluíndo o seu traslado a xestores autorizados para un axeitado tratamento. Deste xeito dáse continuidade ao contrato e á prestación do servizo vixente na actualidade.

O procedemento establece a división do contrato en tres lotes por distribución xeográfica para facilitar a concorrencia das pequenas e medianas empresas e favorecer unha maior eficiencia na realización dos traballos. Deste xeito, a contratación abrangue os 122 portos de titularidade autonómica nas tres provincias costeiras repartidos neses tres lotes, que se corresponden coas tres zonas administrativas coas que conta Portos de Galicia: zona norte, coincidente coa franxa cantábrica, zona centro, a costa atlántica da provincia da Coruña, e zona sur, a provincia de Pontevedra.

O servizo refírese á recollida, transporte e xestión de refugallos derivados da actividade portuaria e tamén das papeleiras e contedores colocados nas instalacións portuarias. Ao mesmo tempo, afecta á limpeza xeral, sexa manual ou mecánica, limpeza de ramplas, escaleiras de fábrica, pantaláns e diques flotantes, roza de maleza e sega de herba e limpeza das redes de saneamento e pluviais.

O contrato tamén inclúe, entre outros, traballos de limpeza da lámina de auga dos peiraos, dos edificios portuarios, dos canlóns, baixantes e cubertas dos inmobles ou tarefas de limpeza extraordinarias, derivadas de actividades puntuais ou necesidades de retirada de residuos dos fondos mariños.

Nas actuacións previstas tamén está un servizo de inspección e caracterización dos residuos durante o primeiro ano co obxectivo de coñecer a magnitude de volume e peso detallada que permita a Portos de Galicia optimizar no futuro a limpeza e recollida de refugallos nas súas instalacións.

0.14493608474731