Por Viveiro reuniuse coa asociación de veciños do Casco Histórico para falar sobre a problemática do ocio nocturno

AMariñaXa
Por Viveiro reuniuse onte coa asociación de veciños do Casco Histórico de Viveiro, para falar sobre as súas demandas sobre o ocio nocturno
por viveiro casco historico reunion
por viveiro casco historico reunion
6 Maio 2023

Por Viveiro reuniuse coa asociación de veciños do Casco Histórico de Viveiro. Bernardo Fraga, Candidato á Alcaldía, declarou aos medios ao rematar a xuntanza: "Recollimos as súas demandas sobre o ocio nocturno e os incumprimentos da ordenanza de accesos ao centro. Dende Por Viveiro apostamos por un Casco Histórico vivo, rehabilitado e no que as persoas podan establecer a súa residencia. Temos que poñer en valor o mellor patrimonio diferenciador que temos que é o noso Casco Histórico peonil e o seu entorno"

Así mesmo pola mañá, recolleron as ideas para o seu programa electoral no mercado da Praza Maior, en palabras de Manuel Galdo nº2 da candidatura "Foron moitas as veciñas e veciños que nos deixaron as súas ideas e propostas para Viveiro, incorporaremos as mesmas ao noso programa de Goberno" "Apostamos por un Goberno de diálogo con todos os sectores, sen ningunha exclusión, e en comunicación permanente coas nosas veciñas e veciños, para mellorar a súa calidade de vida e a xestión municipal"

0.15453791618347