Por Viveiro pregunta pola demora na plantación de árbores no parque Pernas Péon

AMariñaXa
Manuel Galdo Dopico, de Por Viveiro, presentará un rogo sobre a demora na plantación de árbores no parque Pernas Péon e no vindeiro Pleno.
viveiro parque pernas peon 1
viveiro parque pernas peon 1
3 feb 2023

Manuel Galdo Dopico, concelleiro do Grupo Municipal de Por Viveiro, presentará un rogo sobre a demora na plantación de árbores no parque Pernas Péon e no vindeiro Pleno.

"Na primavera do ano 2018 o equipo de Goberno do Concello tomou a decisión de realizar unha tala, por motivos de seguridade, de parte das arbores existentes no parque Pernas Peón, tala que podemos considerar necesaria, mais tamén excesiva, pouco planificada e de nulo rendemento económico para as arcas do Concello", di Galdo.

"Despois de máis de catro anos de inactividade de replantación, foi anunciado un proxecto de recuperación do parque, orzamentado en mais de 1.200.000 euros, proxecto que ten tanto de ambicioso, como de difícil realización, agás que se acaden abondosos fondos externos", engade o concelleiro.

Recentemente o Concello realiza a plantación de 14 arbores, e anuncia outras 4 para a primavera. "Tendo en conta que a tala do ano 2018 foi de mais de 120 arbores, en Por Viveiro consideramos a recente actuación escasa e tardía".