Por Viveiro pedirá o arranxo do lavadoiro de Pontelabrada

AMariñaXa
Bernardo Fraga Galdo, portavoz do grupo municipal de Por Viveiro, presentou dous rogos para ser tratados no próximo Pleno da Corporación.
rogos por viveiro lavadoiro e sinal
1 Mar 2021

Bernardo Fraga Galdo, portavoz do grupo municipal de Por Viveiro, presentou dous rogos para ser tratados no próximo Pleno da Corporación Municipal de Viveiro.

No primeiro, refírese ao lavodoiro de Pontelabrada, que presenta "un estado lamentable". Dous anos despois da riada que o destrozou en parte, os danos seguen sen reparar. Así mesmo, atópase cheo de pintadas e "cunha pésima imaxe para veciños e visitantes". POr eso rogan ao equipo de Goberno que proceda á súa reparación.

Por outra banda, na rúa Benito Galcerán, na rotonda, existen dúas sinais mal colocadas, segundo explican en Por Viveiro. Unha no medio da beirarrúa, "que ocasiona problemas de circulación dos peóns", e a outra situada detrais dunha columna de pedra, "o que provoca que os automóbiles teñan pouca visibilidade". Solicitan por tanto o cambio de ubicación das citadas sinais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18960905075073