Por Viveiro cuestiona se a reparación da explanada da Variante é sostible a nivel medioambiental
AMariñaXa
Dende Por Viveiro agardaban unha actuación máis completa, duradeira e sostible
6 Aug 2024
A primeiros do mes de xullo o equipo de goberno acometía a reparación da explanada da Variante, coñecida como territorio fochancas. Despois de tanta demora, dende Por Viveiro agardaban unha actuación máis completa, duradeira e sostible. Un mes despois da realización dos traballos denuncian que as árbores da beirarrúa colindante están murchas, feito que lles preocupa e que pode estar motivadopor unha poda fóra de tempada e por posibles filtrados de alcatrán. Así piden ao equipo de Goberno a explicación en pleno de si coñecía previamente o procedemento de traballo empregado e de si o devandito procedemento era sostible en termos medioambientais.