Por Nuestro Faro agarda noticias sobre o estudo de impacto ambiental da Illa Pancha

AMariñaXa
Por Nuestro Faro de Ribadeo dirixiuse de novo ao Defensor del Pueblo solicitando información sobre a situación da súa queixa.
a illa pancha é do pobo cartel
31 Aug 2022

A Asociación de Veciños Por Nuestro Faro de Ribadeo dirixiuse de novo ao Defensor del Pueblo solicitando información sobre a situación da súa queixa. O motivo desta foi a falla de estudo de impacto ambiental no proxecto da cafetería que ven funcionando na Illa Pancha dende agosto de 2021.

Segundo a asociación ribadense "o 19 de maio de 2020 o Concello de Ribadeo aprobou o proxecto de obra da cafetería despois de tramitalo no segredo dos despachos en plena pandemia da covid. O 20 de xullo presentamos un recuso de reposición pola falla de estudo de impacto ambiental no devandito proxecto", no que o seu argumento era que se os apartamentos tiñan que estas suxeitos ao Estudo de Impacto, con mais motivo o tería que esixir o proxecto de cafetería engadido ao anterior.

A resposta do Concello foi que "agora non procedía o estudo de impacto. Xustificación xurídica: ningunha", polo que o colectivo presentou unha queixa ao Defensor del Pueblo que lles respostou o día 2 de novembro de 2021 e na que destacan os dous puntos mais significativos: "é preceptivo que osestudos de Impacto Ambiental se realicen antes de dar as licenzas", e engaden, "o Concello resposta con evasivas ao Defensor sobre o estudo de Impacto".

"O paso seguinte do Defensor foi solicitar informes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, pero esta aínda non respostara en marzo de 2022, polo que a oficina do Defensor viuse obrigada a reiterar a petición de informes naquela data", din dende o colectivo. Agora, seis meses despois da última comunicación desta oficina ao seu grupo, teñen que dirixirse de novo ao Defensor para tentar actualizar a información sobre se hai estudo de Impacto Ambiental ou non.

"O Concello de Ribadeo non fixo mais que abeirarse aos criterios e intereses da Autoridade Portuaria poñéndose de costas aos informes xurídicos do Defensor del Pueblo. Debemos suliñar mais unha vez que non existe ninguna xerarquía administrativa entre os concellos e as autoridades portuarias, polo tanto o Concello de Ribadeo é libre e independente á hora de conceder as licenzas e se decide abeirarse á Autoridade Portuaria é por unha decisión puramente política da sua exclusiva responsabilidade", engaden.

0.16689801216125