Poñen en marcha o XI Torneo de Padel San Bartolo

AMariñaXa
Xove acollerá a cita dende o sábado 24 de agosto ata o día 31 con inscricións ata o 22 de agosto
padel
20 Ago 2024

Poñen en marcha a décimo primeira edición do Torneo de Padel San Bartolo. Xove acollerá a cita dende o sábado 24 de agosto ata o día 31 con inscricións ata o 22 de agosto. Participan as categorías masculina, feminina e mixta, sub-16 e sub-12. As inscricións teñen un prezo de 18 euros para unha categoría e de 30 para dúas e poden facerse a través do 982 571 816. Os premios comprenden 1.500 euros en material deportivo.

0.11523485183716