Pescados Rubén Burela FS enfrontarase ao Marín Futsal na final de Copa Galicia mañá
Este mércores día 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebraranse as dúas finais de Copa Galicia, feminina e masculina, no Pavillón Agustín Mouris en Noia. A primera terá lugar ás 12.30 horas na que o Pescados Rubén Burela FS, recientes campioas da Copa da S.M. a Raíña, loitarán por facerse co seu terceiro título da tempada, neste caso contra o Ence Marín Futsal. Posteriormente celebrarase o encontro da categoría masculina na que Noia F.S. Portus Apostoli se enfrontará ao C.D. Lugo Sala, ás 19.00h.
O Pescados Rubén Burela FS preparase para enfrontarse a un habitual, un Marín, según a capitád do equipo mariñano, Peque, "O Marín ten á mellor porteira do mundo, Silvia, creo que é un dos seus puntos fortes", "ten a Ceci, a cañonera, que lle pega moi ben, Ale de Paz, etc. é un equipo que hai que ter en conta e vai ser unha final difícil", "Sempre que chegas a primeira vez a unha final é unha final especial, sempre a primeira é especial, e eso pódelles dar un plus de ilusión que hai que tener en conta". Tamén engade, "Debemos seguir como sempre, traballar os 40 minutos chegando á portería, finalizando, defendendo ben. Saber que é unha final e que temos que dar o 120%"