Pensamento e Sementeira recupera a tradición da Xira de Viveiro

AMariñaXa
Co obxectivo de recuperar tradicións, Pensamento e Sementeira volve a celebrar unha gran festa que se foi perdendo co paso do tempo en Viveiro
pensamento_e_sementeira
30 Jul 2024

Co obxectivo de recuperar tradicións, Pensamento e Sementeira volve a celebrar unha gran festa que se foi perdendo co paso do tempo en Viveiro: A Xira. Era unha celebración, que este ano volve ao calendario do municipio o 17 de agosto, que se organizaba no municipio ao estilo do Naseiro actual. O colectivo continúa así a dinamizar a oferta cultural e social da vila con propostas variadas nas que a tradición garda un oco especial.

Entre as últimas iniciativas do colectivo encóntrase a Ruta das Herbas de San Xoán, un percorrido de 6 quilómetros aproximadamente no que explicaron a econoloxía do concello durante eses quilómetros compartidos pola natureza.

0.16063094139099