Pechan as inscricións para a I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo

AMariñaXa
Está aberta ao público xeral, desde familias con nenos ata persoas algo máis experimentadas
illa-pancha-ribadeo-1
16 Out 2024

Esta noite remata a inscrición para participar na I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo terá lugar o 19 de outubro. Está organizada polo Concello e por Xesta Natureza. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata de pasar unha tarde gozando da natureza e do deporte. Coa axuda dun mapa os participantes terán que percorrer unha serie puntos que aparecen nunha orde determinada". Cada quen escolle a ruta entre un punto e outro, tendo sempre en conta a información que atopará no devandito mapa.

O edil ribadense contou que “é unha proba por equipos que combina a orientación con mapa e diferentes probas denominadas especiais". O tempo máximo para facer o percorrido será de dúas horas e media. A inscrición é gratuíta e pódese realizar a través de www.xestanatureza.com. Haberá catro categorías denominadas: Xestiñas, Xestas, Xesteiras e Chorima. Esta I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo está aberta ao público xeral, desde familias con nenos ata persoas algo máis experimentadas. Tamén existe a posibilidade de facer percorridos adaptados para persoas con mobilidade reducida.

O edil ribadense subliñou que “as familias poden anotarse cos seus fillos e fillas na mesma categoría para facer a proba todos xuntos. O que lles recomendamos ás familias con rapazas e rapaces menores de 8 anos é que se apunten na de Xestiñas”. E engadiu que “desde o Concello de Ribadeo animamos á xente a participar nesta cita o vindeiro 19 de outubro. Haberá avituallamento sólido e líquido ao rematar a proba, que dará comezo na Casa do Concello ás 17.00 horas. Será unha forma divertida de pasar unha tarde en contacto coa natureza e facendo deporte”.

Xincana Vila de Ribadeo 2024
0.18353676795959