Paco Nogueiras chegará a Burela para presentar o seu novo espectáculo

AMariñaXa
Paco Nogueiras chegará á casa da cultura de Burela o vindeiro sábado 11 de marzo ás 18.00 horas para presentarnos o seu novo espectáculo
aqui tou burela tourinan
aqui tou burela tourinan
9 Mar 2023

Paco Nogueiras chegará á casa da cultura de Burela o vindeiro sábado 11 de marzo ás 18.00 horas para presentarnos o seu novo espectáculo para crianzas e familias "C@nta Contigo", unha proposta na que fai un percurso por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” e na que procura tirar a nosa lingua a voar de maneira lúdica e divertida.

Neste repaso polos seus grandes éxitos haberá retrousos e cancións para participarmos activamente, bailando sen complexos e acompañando coa voz, coas palmas e con acenos.

O compostelán percorrerá cos seus instrumentos por un amplo abano de estilos musicais, desde o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, sen esquecer as influencias tradicionais. Unha boa oportunidade de cantar coas amigas e amigos nun singular concerto onde a música e o humor transformará o noso auditorio nunha festa moi especial onde todas e todos seremos protagonistas.

As entradas estarán dispoñibles na billeteira desde media hora antes da función por 2'5 euros.

paco Nogueiras burela 2023
0.14614319801331