Ourol organiza un Campamento de Nadal para nenos

AMariñaXa
O Concello de Ourol organiza un Campamento de Nadal para nenas e nenos de 4 a 14 anos de idade. Será no Edificio Multiusos
campamento nadal ourol 2021 2
campamento nadal ourol 2021 2
7 Dec 2022

O Concello de Ourol organiza un Campamento de Nadal para nenas e nenos de 4 a 14 anos de idade. Este campamento levarase a cabo no Edificio Multiusos, entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Haberá 20 prazas e para anotarse nesta actividade deberase acudir ó Departamento de Servizos Sociais ou nos teléfonos 982 559 109 ou no 677 489 457. A data límite para anotarse será o vindeiro venres 22 de decembro.

luces nadal
0.18095993995667