Ourol celebrará o seu XXVII Encontro de Maiores cunha comida e música en directo

AMariñaXa
A cita terá lugar o 6 de decembro no Restaurante Louzao, en Viveiro, e será gratuíta para as persoas empadroadas que cumpran os requisitos
OUROL encontro maiores
29 Oct 2026

O Concello de Ourol xa prepara unha nova edición do seu Encontro de Maiores, que este ano alcanza a súa vixésimo sétima convocatoria. A celebración terá lugar o domingo 6 de decembro no Restaurante Louzao, en Viveiro, cunha xornada que combinará unha comida de confraternidade e música en directo.

A iniciativa está dirixida ás persoas maiores de 55 anos empadroadas no municipio, que poderán participar de maneira gratuíta sempre que cumpran as condicións establecidas pola organización.

Tamén poderán asistir os cónxuxes que non estean empadroados en Ourol, así como aqueles que, estando empadroados, non alcancen a idade mínima esixida. Nestes casos, será necesario aboar o importe da entrada, fixado en 50,60 euros.

Ademais, as persoas dependentes que participen no encontro poderán acudir cunha persoa acompañante, que estará exenta do pagamento.

O Concello lembra que todas as persoas asistentes deberán recoller previamente a súa entrada nas dependencias municipais. O encontro busca favorecer a convivencia entre os veciños e veciñas de maior idade, ofrecéndolles unha oportunidade para compartir unha xornada de lecer e reencontro.

0.15620589256287