Ourol acollerá a Festa Motor Clásico

AMariñaXa
Evento organizado polo Club Clásicos de Viveiro que contará con comida e música
coche-clasico
15 Apr 2025

O vindeiro 26 de abril, a explanada do Concello de Ourol converterase no epicentro do motor clásico coa celebración da "Festa do Motor Clásico".

A xornada arrancará ás 10:00 horas coa recepción de vehículos e continuará cunha sesión vermú amenizada polo Grupo Zona Zero. A comida, servida polo catering Seiramar, incluirá callos, churrasco, postre, café e chupito por 35 euros. Pola noite, a partir das 21:00 horas, haberá verbena con Grupo Zona Zero e Disco Móbil Olimpo, así como degustación gratuíta de xamón e chourizo ata fin de existencias.

Durante todo o día, tamén se celebrarán sorteos e premios para os asistentes O evento está aberto ao público xeral e as reservas para a comida estarán dispoñibles ata o 21 de abril.

Tamén agradecen ao Concello de Ourol por facilitar os seus espazos e medios para poder realizar o evento do mesmo xeito que en anteriores ocasións.

"Esperámosvos a todos para pasar un gran día xuntos, tanto a comida como o espectáculo musical esta aberto a todos os públicos veñan en coche clásico ou non. Sacaremos máis novidades e información para que poidades realizar vosas reservas", trasladan.

⚙ Configurar cookies
0.13638591766357